viernes, 6 de diciembre de 2019

9.- PUNTOS ANCESTRAIS DE INFORMACIÓN

Co que sabemos , asumindo o reto de aventurarse polo camiño que a continuación imos andar, no que abundarán os erros por descoñecementos técnicos sabendo que non somos quén de entender o proceder e ideas concretas postas polos nosos devanceiros dos porqués das creacións destes singulares puntos informativos que noutrora sementaron a nosa terra, intentaremos esbozar os nosos sinxelos pareceres; porque parécenos importantísimo e vital telos en conta.

Como xa vimos  anteriormente ; nos observatorios pétreos, estos eran sinxelos centros informativos gravados en rocha cunha finalidade práctica de observación e control do territorio.
Cada tema que mais abaixo indicamos , require unha referencias físicas representadas polos complexos rochosos, os cales necesitan dunha elaboración dunha estructura propia e necesaria para poder representar a sua finalidade práctica mediante unha estructura medida a situación que requere esta necesidade.
Conxunto de penas multifuncións e funcionais :
9.1 .- Estelares ( grazas as marcas, rebaixes, etc. deseñadas , poderianse definir e determinar determinadas informacións prácticas de rutas ou itinerarios moi concretos, simples recordatorios dos elementos coñecidos , etc. etc.. Basicamente os gravados tiñan relación co seu entorno inmediato).
9.2.- Observatorios: ( grazas as marcas feitas en penas especialmente situadas , ( horadadas na sua parte superior ou lateral cunha “uve” a modo de axexadoiros) poderianse vixiar os movimentos solares e lunares nos seus equinocios e solticios coa finalidade de controlar os cambios de comportamentos dos seres vivos, - mesnadas de gando, tempos de colleitas, comportamentos estacionais da terra, etc - ante determinadas influencias).
9.3 .- Pedras rituais .- ( grazas a estes lugares sagrados ou santuarios, visualizados a través de penas horadadas e preparadas para realizar elaborados ritos – conxuntos de canaletas e cazoletas de diverso tamaño, escaleiras de acceso, etc,- , poderían entablar relación ben con seu panteón das suas divinidades ou ben prexurgar o futuro . En moitos casos existen uns viais ou camiños procesionais que levan o cortexo ó altar, franqueadas por pedrafitas).
9.4.- As forzas e o equilibrio.- ( Unha resultante propia da linea anterior foran as grandes penas oscilantes; os chamados “cons” ou penedos de forte tamaño e gran altura, etc., que eran receptáculos da enerxía telúrica da terra para reaproveitar mediante determinados ritos sagrados. Todo ilo fora o principio evolutivo que determinara mais adiante as grandes construccións megalíticas baseados no xogo entre equilibrios e conxunto de forzas).
9.5.- Penas "multiusos"   adicadas a diferentes labores prácticas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario