viernes, 6 de diciembre de 2019

6.- ARQUITECTURA DA PAISAXE DE ALTA MONTAÑA

6.1 .-- Organización inicial

Nestas paraxes, o clima é un aspecto importante das forzas que xeneran formas e ten grandes efectos nas formas que o home pode desexar crear para sí mesmo. Isto tén que agardarse en condicións dunha tecnoloxía débil e duns sistemas limitados de control ambental nos que o home, non pudiendo dominar a natureza, tén que adaptarse a ela.
Amos Rapoport (Vivenda e Cultura).

Asi pois, as diferencias climatolóxicas e as suas variábeis fundamentais –temperatura, humidade, vento e choiva- actúan como factores condicionantes das características das distintas tipoloxías da arquitectura popular nos Penidos , á que imos tentar de aproximarnos.

O segundo factor é o da seguridade. A prevención ante calquér intromisión dun territorio onde os depredadores ( animais e humáns ) estaban afeitos a ser os donos, tiña que ser subsanado mediante estructuras que resguardaran as vivendas, sembrados, etc.

Polo tanto tercióuse a crear estructuras de protección mediante peches ovalados feitos de diferentes materiais que ben poideran constituir muros ( Couso do Xesto) ou ben mixtos, axudados con pedras chantadas de metro e medio como minimo ( O Prado das Chantas).

A planta poderemos dividila en duas partes: unha semicircular e outra recta. A entrada principal no recinto situábase no medio da parte recta.
Dentro desta contorna de protección, o interior dividiase en varios compartimentos habitacionais a modo de chouzas adicados a vida familiar, ou talleres propios da época.
Sin desbotar os clásicos recintos dispostos para os animais domesticos, o espazo resultante adicábase pequenas hortas.

A comunidade campesina foi adquirindo unha ampla experiencia de cómo facer fronte a prevencion das condicións climatolóxicas do seu entorno, a seguridade e a prevención a través duns moi elementaís medios, baseados en :

1. A localización do recinto tendo en conta os factores xeolóxicos , forestais e de seguridade da zona, como elementos protectores frente ós ventos dominantes, clima en xeral , fauna salvaxe e rivalidades trebais.

2. A orientación do recinto , en función do mellor soleamento da vivenda, co aproveitamento ó máximo, a través da apertura da porta e a mayor parte dos ocos de ventilación e iluminación cara o mediodía.

3. A elección e utilización dos materiais máis aptos para acadar as mellores condicións de protección climática, dentro da corta variabilidade de elementos que ficaban nestas terras altas.


6.2.- - A teoría de vivir dentro da propia terra

... También tienen la costumbre de horadar cavidades subterráneas llenándolas de un montón de estiércol, como refugio contra el invierno y almacén para el grano, ya que suavizan el rigor de los fríos mediante esta especie de abrigo, y en caso de llegar el enemigo, éste asola lo que está as descubierto pero lo que está oculto y enterrado pasa inadvertido o le elude por razón de que tiene que buscarlo.
Tácito La Germania,16.

A efectos de construcción de vivendas, os útiles empregados eran moi rudimentarios i escasos.
 Empregábanse diferentes tipos de machado, e os “antepasados” das clásicas ferramentes da Idade do Ferro: Doloria, Formón, cuñas e Plana, entre outras.

As primeiras construccións, que pasarían en principio por chouzas moi rudimentarias, non estaban asentadas no chan, como en outras edificacións feitas en niveis de terreo máis baixo. 

Pouco a pouco nestas alturas, que sobrepasaban os 550 metros, fóranse fixando ó chan , entrando no mesmo e ocupando o seu interior.

 Non esquezamos que a finalidade era pasar inadvertido ante os seres vivos extranos o lugar, e saber entender a natureza, ofrecendo a menor resistencia ós medios negativos –frío, vento, choiva, neve- e aliándose con ela para saber aproveitar tanto a sua forza como os aspectos positivos da mesma.
Posteriormente ampliaran o teito para ir paseniñamente a ampliar o perimetro da chouza para posteriormente ir elevándoas en altura.


6.2.1 .- ESTRUCTURAS HABITACIONAIS.-

Tanto as sinais dos postes como as marcas revelan que había dous tipos de estructuras. As de planta rectangular, un poste central ó que cruzaban outros mais pequenos, e a propia trapezoidal con divisións interiores. que servían dende talleres ate almacéns, pasando polas cortes, etc., adoptando paseniñamente a tipica casa alargada de forma rectangular ou tapezoidal, orientadas de Leste a Oeste e feitas con ramas xustapostas, mezcladas con arcilla e palla e cuberta de ramaxes,


6.1.2.- ELEMENTOS DE CONSTRUCCIÓN

6.1.2.1.- OS MUROS.- Construídos tendo sempre en conta as condicións climáticas e o seu emplazamento, feitos de xisto ou cachotería, apoiábanse sobre rocha viva tiñan dous metros de alto por 60-80 cm. de grosor.

6.1.2.2.- ELEMENTOS DE APOIO: OS POSTES .- Tendo en conta a asunción do equilibrio de forzas, estes postes de madeira , ( entre os muros e a cuberta) transmiten o peso do teito ós muros cara o propio chan; creando así un armazón preventivo propio .

6.1.2.3 .- AS CUBERTAS ..- De estructura redonda, elíptica, oval ou rectangular, no caso de ficar a chouza semi-enterrada no chan; cubría a contorna do teito ou ben abarcaría toda a extensión da chouza. Estaría composto de colmo ou xesta, aillándoa do exterior polos terróns de terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario