viernes, 6 de diciembre de 2019

12.- DEFINICIÓN E EXPOSICIÓN DESCRIPTIVA DA ZONA A ESTUDAR

Formando parte integrante da Serra do Xistral, esta zona que nos ocupa, a septentrión da Serra do Xistral ;tamén goza de especial atención coas suas propias características naturais xeolóxicas ,destacando catro tipos de hábitats naturais prioritarios e cubricións de formacións vexetais hidromorfas de extraordinario interese botánico deste tipo de serra eminentemente atlántica, a cál constituie unha das zonas colino-montañosa de carácter atlántico hiperhúmedo millor conservada de Galiza.

Esta Área contén unha información histórica moi valiosa, cuns elementos materiais quasi intactos en forma, na cál vai enlazando periodos históricos dun xeito continuado, para amosarmos a través do tempo, os comportamentos dun mesmo centro da actividade humán enclavado nunhas mesmas coordenadas xeográficas a través de sucesivas etapas históricas.

Asi pois, grazas ó seu carácter abeirado entre pequenas elevacións dos Penidos e subseguintes zonas anteriores ( Vilacampa) e posteriores ( bisbarra da Fraga das Lerias) onde non falta a auga;  asistimos a unha actividade humán continua ( tendo en conta o seu eixo central, a chamada “Cultura do Gando”) relacionada directamente coas rutas ancestrais do gando, cos seus asentamentos e conseguinte desenrolo económico , cultural e relixioso, dende os clásicos refuxios do paleolítico ate os reaproveitados curros do medievo, pasando polas propios Cousos do Neolítico Galaico ( 3000 ) , Calcolítico Galaico (2000), Bronce Galaico (1500) xunto a propia redistribución habitacional na mesma idade do Ferro.


12.1 .- SITUACIÓN

Situámonos na área norleste da Serra do Xistral, e que dominando a totalidade do Valadouro (Mariña Lucense), está inscrita dentro das provincias de Ourol, Muras, e Ferreira do Valadouro.


12.2 .- LIMITES

Esta área a estudar que nos propoñemos situarémola na zona norte, norleste da Serra do Xistral , (dos 43 º 33 27,89 N long. ate os 43º 30 10,31 N long. ; e dende os 7º 28 46,34 W ate os 7º 33 58,11W de latitude.), tendo 27,38 kilómetros cadrados de extensión.

Norde.

No seu Norte, limita cos seguintes lugares e referencias xeográficas:
Mouxada, Pé do Rio, Monte das Balsadas, Os Rubás, Vilacampa, o Trobo, Azureira e Ribadela. Fai de fronteira a propia estrada Ferreira-Viveiro

Leste.

Campo da Sabugueira, Casanovas, Pedralba, Moxoeira, Frexulfe, Monte de Ribeira.

Sul.

As Veigas, Albardo, Rego Cavado, A Fraga do Xesto, Porto do Rio, Alto de Onsolar, Pena Corral.

Oeste.

Zarza, Pereiro, Teixueiras, A Gallega, Calexos, Pedra Chantada, Coto de Vilariño, A Pena Grande, Pena Corral.


12.3 .- DEMARCACIÓNS ( os catro vértices do Parque )

  1. Vértice norleste: (Sabugueira)
  1. 43. 33. 23,20 N
  2. 7. 28. 49,77 W
  3. X 622. 729. 92
  4. Y 4.823.733,94

  1. Vértice noroeste (Zarza)
  1. 43.33.33,35 N
  2. 7.33.53,66 W
  3. X 615.906.36
  4. Y 4.823.923.63

  1. Vértice Surleste ( A Ribeira )
  1. 43.30.12,07 N
  2. 7.28.43,90 W
  3. X 622.969.52
  4. Y 4.817.837,69

  1. Vértice Surleste (As Penas Grandes. Alto de Onsolar)
  1. 43.30.16,00 N
  2. 7.33.56,90 W
  3. X 615.938,57
  4. Y 4.817.833,87

12.4 .- MÉTODO

1.- Acotaremos no mapa oficial a escala 1:25.000 a zona a estudar. (1 cm equivale a 250 metros).
Esta zona escollida, a dividiremos –polas suas cuadrículas xeográficas- en 42 partes ás que chamaremos “ZONAS”, que terán cada unha delas 1 kilómetro cuadrado.
2 .- Cada unha destas 42 zonas, a sua vez, ímolas dividir en catro partes cadradas, ás que chamaremos “SECCIÓNS”. Cada Sección terá 500 metros cuadrados.
3 .- Cada sección a dividiremos en 9 partes, ás que chamaremos “SUBSECCIÓNS”. Cada Subsección terá 166 metros cuadrados.

Tendo ese esquema presente, iniciaremos o traballo; indo , Area a Area , diseccionando o territorio comprendido, dende as Zonas ( 1km2) ate as subseccións ( 166 m ), tendo a finalidade de mirar metro a metro o terreno proposto para reflexar neste estudo os achadegos atopados

Así teremos convenientemente deseñada, acotada e sinalizada esta zona do Xistral a traballar, e por tanto, a protexer, en 42 zonas divididas en 168 seccións, e a sua vez en 1372 subseccións.
Para organizarnos no traballo, aparte da división pormenorizada en sección, que relatamos abaixo; cómpre tér en conta para cada sección datos tales como a propia definición xeográfica elemental como montes, chairas, cuncas fluviais, depresións, etc) , asi como as suas matizaciónsconcretas tales como puntos de auga, zonas abeiradas, zonas de acceso, rutas do gando, Cotas outeiros, Chairas, Planta dos cercados, Liñas de marcos e lindes, Súbitos accidentes de terreo, Toponimia, Camiños e Relatorio posibles xacigos.
Creo que para realizar un bó e completo traballo, éste tén que ser metódico e pausado; explorando, comprobando e investigando absolutamente todo " aspirante" , para despóis trasladarlo o listado final, onde ademais dos datos concretos, figura un tanto por cen de vericidade do achádego atopado.


12.5 .- PLANIFICACIÓN



Areas
Letras
NOME
Superficie
Zonas
Seccions     
Subseccións
1
Norde
S1/S7 
   Vilacampa
7 km2
7
28
1008
2
Oriental Noroeste
IA/B   (1, 2, 3 )
Sinás
6 km2
6
24
864
3
Oriental Norleste
1 ó 12
Os Penidos
12 km2
12
48
1728
4
Oriental Surleste
13 ó 20
Terras intermedias
12 km2
12
48
1728
5
Oriental Suroeste
C/D/E/F (1, 2, 3)
Terras altas
12 km2
12
48
1728

TOTAL



AREA SEPTENTRIONAL
49 km2
49
196
7056


12.6.- ACCESOS

Son varios puntos concretos dende onde podremos acceder a zona estudada.

NORTE:

Dende a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 9 km de Ourol no lugar de Xestido coller desviacion a dereita e seguir ate Zarza, onde colleremos desviacion a esquerda, entrando na pista de terra. Teredes que estar atentos, pois a poucos metros colleremos duas desviacións, a primeira a esquerda e a segunda á dereita. Seguiremos rectos durante 3,30 km e chegaremos a Sinás.

Dende a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 15,50 km de Ourol , no lugar do Trobo, no mesmo centro do lugar de Vilacampa atoparemos cun cruce onde colleremos a dereita. Esta pista de terra levarános en primeiras ó Campo da Arca e si seguides, levarávos a grande chaira tumular.

Dende a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 19,80 km de Ourol na área recreativa colleremos unha pista de terra ( a poucos collede a dereita ) que nos levará a zona da Sabugueira para acabar na Área da Santana.

LESTE.-

Dende a estrada de Ferreira a Abadín , a 3 km de Ferreira, no cruce das Naranxeiras colleremos a dereita ate subir o castro de Recaré polo seu Via Crucis, e pasado a Igrexa collemos desviación a esquerda para despois do lugar das Pardellas coller cruce a dereita, que nos levará a área recreativa do Curro da Rapa das Bestas de Santomé, para de seguido enfilar a estradiña de terra que nos levará o corazón dos Penidos.

Pista de subida no Escallal: Poderedes ir de dous xeitos :

1.- Proseguimos pista anterior despois do cruce os Penidos ( despois das Pardellas) , para atopar esta pista de subida a 2,91 km a dereita.
2.- Proseguimos pola Estrada de Ferreira o Cadramón, e pasado 250 m de Frexulfe, a 6, 8 km de Ferreira, no cruce do lugar do Pazo coller a dereita. Continuaredes 1,68 km ate bater con esta mesma pista de subida a esquerda.

Nesta mesma estrada Ferreira-O Cadramón, poderedes continuar , e a 2,50 km desde Frexulfe, no lugar de Freixido atoparedes pista a dereita que seguiredes ate bater con esta pista reseñada anteriormente.


SUL  :

Dende a estrada de Ferreira a Abadín no km 12, antes de entrar no lugar do Cadramón colleremos pista cara o lugar de Albardo que pasaremos e seguiremos a liña eólica ate achegarnos as chairas tumulares dos Xestos e terras baixas da Serra do Xistral.

Dende a estrada de Ferreira a Abadin, a 2, 17 km despois de pasado o lugar do Cadramón e enfronte da Capela de Santa Filomena colleremos a dereita unha pista que nos levará as terras altas da Serra do Xistral.

LESTE.-

No lugar de Silán, entre os lugares de Igrexa, O Candeal e o de Castrosol tén o seu berce unha pista que nos levará o Parque Eolico da Pena Grande. Seguindo pola pista principal levaranos o Alto de Onsolar; unha das cumes da Serra do Xistral.







No hay comentarios:

Publicar un comentario