viernes, 6 de diciembre de 2019

8.- A CULTURA DO GANDO

A gandería ( elemento central da economía de subsistencia ) fora o factor común da producción á hora de crear as arcaicas estructuras das granxas e dos seus curros primarios.
Frente a isto, foran 5 os primeiros obxetivos a conquerir polos novos clans e futuros granxeiros unha vez elexidos os lugares onde dunha maneira fixa, pervivirán perante séculos :

8.1) Abrigos naturais.- (refuxios antigos de pervivencia de épocas anteriores reconvertidos e reutilizados, actuando como resguardos ante as condicións climatolóxicas)

8.2) Atalaias (Abrigos naturais ubicados nas zonas altas predominantes que permiten a vixilancia e o control dos ciclos de paso e comportamentos das manadas de animais salvaxes).

8.3) Observatorios pétreos.- ( tallados na rochas mediante rebaixes en forma de "V" entre outras ) , servian como observación das posicións dos astros de clara influencia como o Sol e a Lua, para comprobar, valorar e dictaminar; atendendo as suas situacións, as tarefas estacionais orientadas cara o control dos ciclos naturais e temporais, a efecto de supervisión temporal dos cultivos, reproduccións, etc, etc)

8.4) Granxas/ Cousos (Fortes estructuras pechadas que garantizaban a protección do gando, enseres, clan familiar, etc. ante unhas condicións externas violentas e intrusivas).

8.5) Curros ( Grandes peches elípticos anexos as granxas, xeralmente de bó pasto)

8.6) As Cabanas ( Casoupas producto da reconversión das estructuras de épocas anteriores e destinadas a vivendas fixas ou temporais)

      -----------  De seguido imos desenrolar cada ún deses seis elementos ------------


8.1 .- ABRIGOS. Un tipo peculiar de ocupación do territorio

Trátase das reutilizacións dos antigos fogares do paleolítico: dos abrigos históricos, que dende o sedentarismo, quedaran en desuso.
Ubicados en lugares especialmente protegidos con control dun amplio territorio e dos lugares de paso estacionais das manadas; perto de vías de comunicacións e a moi pouca distancia de diferentes biotopos, xogaran un papel predominante no paleolítico e que xa no neolítico serviran como clara referencia de puntos de apoio.

Polo seu feito referencial estratéxico de tér todolos abrigos intercomunicados e a sua posición intermediaria na paisaxe, sirven como guieiro ou baliza para orientarse no seu entorno, acceder rápidamente a terreos que ofrecen recursos líticos ( minas de silex) , animais e vexetais diferenciados estratéxicamente situados de modo que. si por calisquer motivo climático, estacional, ou doutra índole; deixaran de satisfacer as necesidades, cabería valorar dende eses refuxios os aproveitamentos de outros situados a unha distancia aceptable destes refuxios

O número de xacementos, o seu tamaño, a potencia dos seus niveis fértiles e o número de artefactos permite pensar nun tipo de ocupacións breves por parte de grupos humáns moi reducidos ( 30 persoas) que explotaron temporalmente os recursos de cada zona, con certo grado de movilidade e obviamente, relacionados con outros grupos distantes.

8.2 .- - ATALAIAS. Vixilancia e control

Trátase de abrigos naturais como os xá descritos , pero ubicados en zonas altas nas que ocupan un lugar predominante e de boa visiblidade que permiten o control totalmente un amplio territorio, perto dos principias camiños de paso entre os diferentes eidos (chairas, outeiros, etc.) onde se resenrolan os seus focos de producción, coa finalidade de levar un control do comportamento e dos ciclos de estadia das manadas de animais soltos.
Estaban provistos de observatorios tallados en rocha para facilitar as comprobacións referenciais , en base as cales planificaban as suas actuacións.

Pola sua posición na paisaxe, siguen desenrolando a misión que adqueriran os antergos refuxios do paleolítico, servindo de guieiro ou referencia e que, axudados polos conxuntos rocosos da sua bisbarra ,a aportaban a elaboración de mapas familiares estratéxicos de lugar tanto para orientarse no seu entorno como para acceder rápidamente a terreos que ofrecen recursos de utilidade para o hábitat ca explotación, tales como levantar novos asentamentos, ou crear curros alternativos os xá en funcionamento.

O número destas atalaias nos Penidos xunto o número e forza dos seus potenciais recursos, para vixiar os comportamentos e ciclos estacionais das manadas permítenos elaborar un mapa productivo da zona, que partindo do paleolítico, cunhas ocupacións breves de grupos humáns moi reducidos pasaron xa no Neolítico a intensificar a producción do seu uso xunto a intensificación do aproveitamento do medio; así atopámonos séculos despóis con esas enormes construccións pechadas , as granxas/ Cousos: sinal da propia evolución e das relacións con grupos humáns distantes, comunicacións fundamentais para a sobrevivencia i evolución das comunidades.

Nos Penidos temos abondosas probas desto nos seus diferentes lugares: a atalaia da Pena Teixeira, (berce do importante asentamento posterior que dera o Prado das Chantas pola sua cara leste e os outros dous asentamentos pola sua cara oeste), a atalaia da Pena Moura no Sabocedo ( o carón do camiño principal de acceso os Penidos) ou o enorme refuxio do grande recinto circular do inicio do Lombo da Camposa, o pé do Penido Novo, ou a atalaia de entrada ó povoado no que séculos mais tarde fundaran o mosteiro da Santana.

8.3 .-  OBSERVATORIOS PÉTREOS 

Era prioritario a observación das posicións dos astros ( sobretodo os de clara influencia como o Sol e a Lua) para comprobar, atendendo as suas situacións , dictaminar tanto as tarefas estacionais como as agardadas, unha vez comparado, valorado e decidido tanto o tipo de actuación como os modos de levalas a cabo.
Sendo de textura universal ou local segundo o seu emplazamento, e a especificación dos seus motivos  para esas comprobacións, nunca exentas de erros; valíanse de toda unha serie estudada meticulosamente traballada de hendiduras, marcas, cortes, etc. en determinados complexos pétreos ou rochas especiais, que a modo de pedrafitas, ficaban postas nas suas zonas de control, sempre situadas nun lugar moi preciso, asi como as relacións “dun todo” recollidas en gravados en rocha , sempre cun feito comparativo con as áreas onde fican estas penas.


8.4.- OS COUSOS  ( as Granxas do Neolítico da Serra do Xistral )

Causos ( veteros ), Cousos Vedros, Curros, ou Curros veteros .
Granxa.- Na idade media vemos: grangia, granica, granga, granchia, grancia, grangiola, Granxa vén do fr. Grange e iste do lat. Vg. Granica, lat. Granum, grano


8.4.1.- Antes de empezar a definir unha granxa, cómpre ter en conta un par de detalles:

8.4.1.1 .-.- Sumidos na eterna reutilización.

Saímos o paso das definicións académicas vertidas ate o dagora sobre este despreciado mobiliario; reducíndoo oficialmente a senlleiros curros para o gando, e datándoo na época medieval.

Nós pensamos que , efectivamente, nesa época, a medieval, esa era precisamente a función deses peches; unha vez reconvertidos e preparados para destinalos a sua función de curros para gando.

Mais sen desbotar que eses peches ( tanto de muros como de pedrafitas) na idade media era o esquelete dunha estructura ovoidal que se construira mais ou menos 3500 anos antes, co fin de albergar , con os seus habitaculos preparados, a seres humans, as suas hortas e os seus animais domésticos.

As reutilizacións de estructuras pasadas sempre foran unha constante na nosa historia. Xá dende o Neolítico, viñanse reutilizárando os refuxios do paleolítico, Na Idade do Ferro reutilizaran as fabricas de muros e pedras que compoñian os Cousos; no Medievo reutilizábanse as pedras sobrantes para edificar os Chozos, e así sucesivamente ate os nosos dias.
Non esquezadas que o Mosteiro da Santana era famoso ate non hai moito , non pola sua esencia senón porque “ onde hai moita pedra traballada”.

8.4.1.2 .- .- Como lles chamamos ?

Corro: círculo / Cosso, Coro, Coruno, Couto : lugar cercado / Corr: Construcción circular / cotto, coso, cotillón, coso, couselo, etc.

Obviamente estes complexos ideados polo ser humán tén mais parecido cunha granxa; pois coincide plenamente a sua finalidade e o seu posterior desenrolo coas funcións propias das tipicas granxas que todos coñecemos.

Polo que , definitivamente; non debemos de infravalorar a historia deste importantísimo inmoble arqueolóxico, chamándolles simplesmente Curros.
Sobretodo cando estes peches son aceptadas mundialmente como as tipicas “granxas do Neolítico”.
Mais na Galiza, e nomeadamente na nosa Serra do Xistral imoslle dar as noutroras célebres granxas que son unha constante visual no noso noroeste; con outro nome diferente, moito mais propio e axeitado: OS COUSOS.

8.4.2 .- Que eran os Cousos ?

Os Cousos eran grandes fincas rústicas pechadas que conformaban grandes peches elípticos, cun perímetro de pedras fincadas ou muros que facían de esquelete, que daban cobixo a un recheo vexetal ou de madeira posterior; construídos para garantizar a protección do gando, enseres, etc. dos primeiros sedentarios frente os elementos extraños do exterior ( bandas incontroladas de cazadores, mundo depredador, etc) .
Protexidos pola protección destas empalizadas, muros de pedra etc. convivían nas suas chouzas os humáns ( dun mesmo clan familiar) con os animais e as hortas de primeira necesidade, das que lles proporcionan manutención e das que viven os que a cuidan, dentro de recintos habitacionais
Estes Cousos estaban emplazadas en penichairas ou abas ou pequenas chairas , sempre situados en zonas abeiradas buacando a protección climatolóxica, sempre na procura de tér o abeiro de barreiras naturais coma recodo de regatos, etc. e sempre fuxindo de estar en lugares de paso ou tránsito dos depredadores, que vivian nas zonas selváticas das terras baixas,

8.4.3 .- Organización interior dos Cousos

A convivencia e traballo desenrólase en varias habitaculos habitacionais sendo o principal , unha estancia amplia con separacions habitacionais separadas para labores tales como talleres, fabrica, e todo o relativo a explotación gandeira.

O resto de dependencias habitacionais reservanse a modo de cortellos para os animais domesticos mais proclives e sensibles a non poder defenderse en estado de liberdade.
Fora da seguridade do Couso, situados moi perto daquel, e rodeado de un amplisimo peche de protección atopamos un ampllisimo campo de pasto para o gando cabalar , bovino e vacún, asi como  convenientemente separadas de aqueles, outra clase de peches mais pequenos que cecais serviran de segunda horta, para protexer das alimañas certo tipo de cultivos, mais extensivos coma hortalizas, maizais, etc.

8.4.4 .- Os Cousos na área dos Penidos.

Contemporáneamente, Pedrouzos fora sempre o lugar onde se realizaba o antigo curro , nos currais e pendellos das casas; onde xuntaban as greas do Cadramón, Frexulfe, Vilacampa, Sto Tomé e Recaré) , onde o censo alcanzaban o millar de cabezas.
Polos anos 50, o curro trasladárase o Sabocedo, uns 400 m enriba de Pedrouzos, onde celebrábase, alternativamente con Pedrouzos.
No 1988, trasládase de novo o lugar do Santo Tomé de Recaré, onde tamén acurrálase o gando vacún.

Temos identificado neste curto perímetro de 300 metros cadrados un total de 8 círculos líticos identificados como Cousos, como exemplos a estudar.
Estamos a falar dun mobiliario eminentemente económico ( explotación gandeira ) e social, cuias formas organizativas están dispostas nunha comunicación constante entre sí; a base dunha extensa rede de camiños con o factor común dun territorio de contorna non moi extenso e sabiamente protexido pola natureza e convenientemente marcdo por pedras-marco , cuia forza é a auga; e que xuntos conforman o que nós chamamos como a “cultura do gando”, que é precisamente a que lle dá forza a toda esta dinámica que engloban este hábitar dos Penidos con os seus nove peches elípticos, cuias plantas aseméllanse sorpresivamente.

O nomear pedrafitas para marcar os peches, dista moito do estereotipo empleado oficialmente de muros. Ante esta dinámica diferente, 

Si o que fora realmente abraiante é que atoparnos con estes xa de por sí numerosos peches líticos nunha curta extensión de terreo cunha quasi-idéntica forma na sua planta; máis nos sorprenderán os descubrimentos que se poidan levar a cabo cando exista unha decisión de vir a investigar estas contornas mediante as tecnicas modernas da arqueoloxía.

Sirva como exemplo, tendo como nocións Na orientación, as letras R e C corresponden os lados Recto e Curvo do Círculo, acompañando os cardinais N, S, L e O) , temos os seguintes resultados:

Tanto o nº 22 ( Couso das Coruxeiras ) como os o nº 19 ( Couso da Chaira dos Penidos ) o nº 21 A e B ( Cousos das Cabanas e das Casetas ), o nº 3 ( Couso do Lombo das Camposas ), adoptan a forma circular nunha das suas mitades, para seguir con trazos rectos (cós ángulos redondeados) na sua outra mitade…. Tendo a entrada principal no medio do tramo recto.

Noutros cousos existentes, ( que no figuran nesta pequena relación pero sí no indice patrimonial deste traballo ) temos as nosas dúbidas polo seu deficiente estado.
E outras... parécennos que rachan toda a semellanza, como o nº37 (Prado das Chantas onde nos tempos mais remotos, celebrábase unha feira coñecida como Feira Celta, con mercadurías do gando ), e a sua aiacente a menos de 30 m, a numereo 24 A da Granxa da Lagoa.

8.5 .- .- OS CURROS 

Curro.- Asemade do sentido xeral de cuadra, curral , coa aceptación final de “pedazo de finca e finca pequena”, hoxe sigue sendo cuadra . En ouras partes es sinónimo total de corte, cuadra, curro, corral , es especial del garañon, local para deixar os útiles de labranza, cercado xunto a casa, cercado para cabalos salvaxes e a conseguinte operación de pechalos, etc.
Corro. Círculo de persoas e curruncho, rincón.
As moradas dos castros, circulares, moi ben poideron chamarse curros ou corros denantes da chegada dos romans. Na Bretaña, korrigans, son os nosos mouros, como si se dixese habitantes dos corros.
Ebeling-Kruger relacionan core, corre, corra, corro, corral, corripa, etc. Co celt. Corr-/corr-, Circulo de Pedras de donde en irl. Cor, colina redondeada, hoya, xiro de camiño, e adx. Redondo (Ebeling, 229).
Cor entra en gran número de topónimos irlandeses con ese sentido (cf. Joyce, I, 397, II, 431-2). Tamén V. Cocco lle dá ise orixe (BdF, XVIII, 71 ss..) célt. Cor, construcción circular, irl. Cor plaza, corra, redondo ; mir y kimr. Cor cabana, etc. (Otero, Contr.33) Chopete habitación pequena-

Os antigos curros ( Curros Vellos) eran lugares escollidos de bón pasto provisto duns grandes peches que abarcaban unha grande extensión de terreo , onde construir un peche aproveitabanse as barreiras naturais xeolóxicas ou fluviais para reforzadalas con material pétreo, madeiras ou vexetal ,  

Éstos recintos circulares ou ovalados de diferente tamaño que, a modo de cortellos situados a pouca distancia do recinto principal (Couso) , fixéranse para o esparcimento interior dos animais, contando ou non con compartimentos prácticos propios dentro dos mesmos e orientado a gardar, clasificar e controlar os animais domesticados, ainda que éstos case sempre poderian estar ubicados coa protección debida , dentro do recinto principal do Couso.
Posteriormente, xá no final do Bronce e nos albores da idade de Ferro, dérase o paseniñamente abandonos dos Curros e dos Cousos para posteriores reubicacións dos recintos principais cara terras mais baixas; quedando éstos deshabitados , reconvertidos en simples curros estacionais , ( preferentemente os Cousos, o estar xeográficamente mellor situados) respetando os restos dos habitáculos interiores.
Xá en épocas dos chamados “ chozos” ; na alta montaña, simplificáranse as cousas, aproveitando os restos existentes dos curros vellos ben para levalos para as novas reubicacións ( curros nas terras baixas ) , ben para construir nese mesmo espazo pequenas ou mediados chozos ( tal como vemos no Conxunto das Cabanas ou no Prado das Chantas).
8.6 .- PERVIVENCIA DOS COUSOS RECONVERTIDOS COMO CURROS PARA O GANDO

Situando a constitución e desenrolo destas granxas a partires do periódo Neolitico, pervivirán nos Penidos ate ben entrada a idade do Ferro, na que constituiran de xeito periodico nas zonas xá liberadas novos asentamentos , esta vez garndando todolos elementos propios sobre a fortificación, prevención e metodoxia de defensa da época. Efectivamente, andamos a falar dos Castros do Valadouro.

Obviamente os antigos Cousos foran desmontadas , reconvertidos e preparadas para ser vivenda e protección exclusiva e estacional do gando, reutilizando así o seu carácter, para convertirlas o que un dia deran protección , en humildes , amplios e seguros currais, ou curros.

Moitos destes Cousos foran alterados, mesmo na sua planta; dándoselle a algún forma redondeada (Prado do Xesto)e acortando as suas dimensións que tiveran noutrora.

8.7 .- AS CABANAS

Estas rudimentarias casoupas de pedra, as veces reducidas a simples abrigos abertos dos pastores para protexerse da chuvia e do vento, as veces preparadas como vivenda temporal.
Foran construidas con materiais existentes nas proximidades do lugar; casi sempre restos de Cousos e ubicados no interior dos mesmos. 
A sua precaria planta ovalada ou rectangular que van desde os seis metros cadrados cúbrese rudimentariamente coa cuberta vexetal ( capas de colmo ou xesta cubertas por terróns) 
. Estaban situadas moi preto das áreas de mellores pastos, , unhas veces illadas se outras agrupadas en pequenos poboados, ou relacionadas co curro no que se garda o gando durante a noite.


No hay comentarios:

Publicar un comentario