viernes, 6 de diciembre de 2019

5. PARA SITUARNOS...




               

               SITUACIÓN

O tramo hoxendía en estudo, sitúase na zona norleste da Serra do Xistral , dos 43 º 31 long.  ate os 43º 33  long. ; e dende os 7º 28 ate os 7º 32 de latitude.
Éstas medidas do actual campo de estudo son provisorias, susceptibles de modificación, según a evolución dos achádegos atopados, do tipo de facilidade das Autoridades, e sobretodo da non violación das futuras zonas por futuras obras enerxéticas ou industriais.
En todo caso, queda claro a nosa disposición final de demandar das Autoridades a creación dun Parque Temático de matiz Arqueolóxico , Etnogràfico e Natural que ocupe os espacios que eiquí sinalamos, blinde toda esta àrea do mundo depredador dos negocios asi como ficaremos vixilantes da protección deste “museu do neolítico”, asi como a sua propia recuperación.
 Por suposto, este proxecto non só deberá ser respectuoso coa finalidade agrícola e gandeira actual que se vén desenrolando nesta zona norleste do Xistral, senón que tentará evolucionar dita economía, así como a potenciación e relanzamento de toda a comarca do Valadouro cara proieccións estatais e internacionais nas facetas económicas que dependerán deste futuro Parque Arqueolóxico, que pasará  polos eidos culturais e turísticos, ate formar parte dos circuitos internacionais creados cara esta finalidade.

            CÓMO CHEGAR OS PENIDOS

 ( a "Porta principal de entrada" 
      desta Àrea investigada )


1)   Autovía  Lugo-A Coruña, ou A Coruña-Lugo : Saída por Baamonde.
2)   Colleremos a  autovía   Baamonde – Ribadeo.
3)   Nesta mesma autovía  sairedes  despois de Abadín, teredes que atravesar pola vella estrada o cordal montañoso para chegares a Mondoñedo; pois ben,  inmediatamente despóis de deixar a Mondoñedo a nosa dereita, a 3 km atoparemos un desvío a dereita cara o Valadouro.
4)  Xa en Ferreira do Valadouro  e xa o entrar na vila,  colleremos a esquerda no primeiro cruce, seguiremos ate o final onde veremos no fondo ,no cruce mesmo un letreiro de madeira indicando a ruta dos Penidos, ou "Rapa das Vestas" ou "Curro de San Tomè". Neste cruce colleremos a dereita.
5)   A 200 m. atoparemos outro cruce, nun un indicador que nos sinala “Rapa das Bestas”. Daquela colleremos xá a esquerda, deixando Ferreira detrás nosa.
6)   Ficamos na estrada que vai escomenzar a ascender cara as primeiras estribacións do Xistral. Imos atopar desviacións a esquerda e a dereita. ¡Ollo co sentido da estrada pola que imos!, porque imos atopar desviacións a esquerda e dereita que poderían confundirnos. Non nos desviaremos polo momento!!
7)   Como referencia de que imos bén, teremos unha ponte que atravesaremos no medio dunha gran baixada... e de seguido chegaredes o “Pazo de Gradaille”, a uns 2 kms de Ferreira; observaredes na parede o carón dun portalón, unhas caras talladas en pedra.
8)   A 1 km despóis abandonamos esta estrada. Atopamos un cruce a dereita cun letreiro indicativo do Curro. Así subiremos e atravesaremos o final  a rentes dunas casas, onde a estrada fai un “estrano” xusto o pasar a derradeira casa... ide a modo!! Chegades a entrada dun Castro!
9)   De seguido  iníciase unha grande subida en zig-zag por èl , nun via-crucis ate a Igrexa de San Tomé, na sua Croa. Na entrada do cimiterio, xusto o traspasar a verxa da entrada atoparedes no chan unha un escudo de armas  tallado  na pedra.
10)              Deixando a Igrexa detrás nosa, colleremos a 70 metros daquéla un desvío a esquerda.,  Iníciase unha longa subida de 2 km 300 m, onde pasaremos a rentes das tres derradeiras casas, para atoparnos a poucos  co derradeiro desvío a dereita, desvío que consideramos unha das entradas “oficiosas” do futuro Parque Arqueolóxico e Etnogtàfico do Xistral; variante de San Tomé-Os Penidos”. Esta entrada de 300 metros de fortes subidas levaránnos o Curro de San Tomé, coa sua área recreativa (100 metros denantes observaredes unha fonte onde podedes repostar, e mesmo saudar a Fada que garda estes lugares).
11)              Despóis dunha parada para tomar un refrixerio dunha das tampas das antas reconvertidas en mesas do merendeiro, e de ollar o “dolmen”, que somentes é unha “cista” de gran tamaño, seguiremos esta pista ate o seu final, a 3 km, dende onde poderemos ollar unha boa vista de toda a zona dos Penidos. È o acceso o cèlebre Prado das Chantas.

12)               Mais si queredes ollar o antigo Mosteiro de Santa Ana ou a fervenza do Torez, retrocedamos... ate saír da Igrexa de S. Tomé: Deixando a Igrexa atrás, seguiremos a estrada toda seguida sen desviarse nos dous cruces  que decote atoparedes cada 50 metros. Esta estreita estrada subirá e levarános a 80 m da subida z o cruce da Fervenza de Torez para seguir,  xa  convertida en pista de terra, a un fermoso cruce de camiños por onde cruza o rio Vao. Daquela un deses camiños –o propio da estrada- levarános o Mosteiro...os coches os deixaredes o inicio da subida, despois da ultima casa porque aparte da forte pendente, o chan de gravilla tòrnase moi esvararizo.

13)   Para achegarvos as Terras Altas do Xistral situarédevos na Capela de Santa Filomena, no Cadramón ( estrada Abadín-Ferreira polo interior da Serra) . Enfrente tedes unha estradiña asfaltada que vos levará as Terras Altas. Podédevos desviar na estradiña que atoparedes despóis de pasar a Estación Eólica para acceder ó resto das Áreas correspondentes as Terras Altas e Medianas deste traballo de investigación.

14)  Paseniñamente  ampliaremos  este texto  incorporando os respectivos enlaces de situación.

                                   UNHA ANTICIPACIÓN DO QUE IDES VER 


Antes de entrar en materia , e a modo de recordo; ahi vos deixamos diferentes cadros do plan de traballo   que imos amosarvos nestes 7 blogs; e do que -o noso parecer ( repito, profano parecer dun simples aficionado ) - calificamos como resultantes do habitat humán nas altas terras do Xistral;   co obvio marxe de erro. 

Escomenzamos pois  dividindo as 5  áreas de estudo, coas suas Zonas, Seccións e Subseccións. 




Areas da Serra do Xistral
Letra e número de cuadrícula
Identificación
Superficie
de traballo
Zonas
(1 km2)
Seccions
(500 m2)
Subseccións
(166 m2)
1
Norte
  S ( 1 ó 7)
   Vilacampa
7 km2
7
28
112
2
Oriental
 A/B ( 1.2)
     Sinás
6 km2
6
24
216
3
Oriental Norleste
   1 ó 12
  Os Penidos
12 km2
12
48
432
4
Oriental Surleste
   13 ó 20
 Terras Intermedias 
8 km2
8
32
288
5
Oriental Suroeste
   C/D/E (1, 2, 3)
Terras Altas
9 km2
9
36
324

TOTAL

AREA SEPT.ENTRIONAL
42 km2
42
168
1372

A dia de hoxe temos descubertos, enumerados e clasificados estes conxuntos:

Relación Achádegos
Conxuntos Arqueolóxicos
56
Unidades Xacigos
95
Xacigos propostos a investigar
30

Atendendo a sua relación temática:

Conxuntos Arqueolóxicos
Número
Conxuntos Arqueolóxicos
Número
Funerarios
17
Petroglifos
1
Cousos
13
Santuarios
2
Povoados
6
Mosteiros
1
Curros
5
Aliñamentos
1
Pedrafitas
10
Covas
1
Pedrafitas abatidas
3
Observatorios
2
Marcos
3
Camiños vellos
3
Refuxios
10



A modo de curiosidade, tedes que saber que nos Penidos, cunha área de tan só 12 km2; detectamos 8 Cousos.


Cousos dos Penidos
Identificación ficha
1
 Lombo da Camposa.....
   3
2
Chaira dos Penidos.   
  19
3
As Casetas.....
  21A
4
As Cabanas.....    
  21B
5
Coruxeiras.....
   22
6
A Lagoa.....
   24A
7
Xesto...
    34A
8
Prado  das Chantas...
     37


No hay comentarios:

Publicar un comentario