viernes, 6 de diciembre de 2019

10.- OS CAMIÑOS E OS SEUS CRUCES.

  OS CAMIÑOS E OS SEUS CRUCES


Dende sempre, os camiños sempre representaron viais de comunicación identificativa a todolos niveis da existencia human, cargándose co tempo de marcos simbolicos e orientativos a través dos seus percorridos, amén das suas finalidades prácticas, que co paso do tempo desaparecerían ante o desuso do camiño como os vados, as pontellas, etc.
Efectivamente, estes “pasos” dos cauces fluviais ; as pontellas, estaban deseñados ó longo dos camiños mais importantes coa axuda práctica de simples e reconvertidas pedras longas e traballadas, ( antigas pedrafitas?) das que temos unha boa mostra hoxendia por todo o noso noroeste, como tamén na zona de Sinás.
Mais o elemento mais importante dos camiños eran dende sempre os seus cruces. Obligados puntos de encontro, eran moi relevantes, cunha carga enorme de transcendencia inmortalizados polas suas lendas ancestrais e a sua enorme carga etnográfica.
Dende sempre, erguéronse nos cruces de camiños una serie de estructuras que , a modo de sinalizacións , marcaban espazos de encontro , inicio e fin de camiños primitivos nesta vida e nas outras. ( os finados enterrábanse a beira dos camiños , para que éstos axudaran as suas ánimas na sua viaxe ancestral cara o Alén, sen risco de perderse).
Estas estructuras sinalizadoras situadas nos cruces , sempre tiveran unha enorme transcendencia, ( ben como túmulos funerarios, ben como simples pedrafitas ) o que lles permitira pervivir o longo dos séculos moitos deles; ben adaptados os novos tempos e reconvertidos en cruceiros, ben reutilizando esas vellas estructuras con finalidades agrarias ( marcos ) ou ben de propia demarcación lineal do territorio ( pedrafitas, tumulos de corredor lonxitudinal, mamoas, etc.)
No Xistral e nos puntos estudados dos Penidos temos boas probas delo. Imos ver unha serie de detalles nalgún deles :
Situámonos nos Penidos, no grande camiño vello que dende Pedrouzos vai cara a Chaira das Cabanas. Pois ben, , no cruce de camiños ( hoxendia nótanse 4 camiños ) a 100 metros antes de achegarnos a pontella do rio Vao cara as Cabanas, e un pouco antes da pedrafita da serpe ( sinalizadora do antiquísimo povoado das Cabanas) fica abatida e moi disimulada pola maleza unha pedra traballada de boas dimensións que de seguro marcaría ancestralmente o lugar.
No camiño vello que une os dous santuarios dos Penidos ( o ancestral das Parañoas -hoxe necrópolis cristián pola sua área exterior - co Mosteiro da Santana), observamos unha pedrafita con forma triangular, a cál descúbrenos a presenza dunha estructura relacionada con ésta hoxe desaparecida da cál aquela formaba parte ( como a voluminosa pedrafita cuadrangular das Coruxeiras e similares).
Por último, poñémonos no cruce de camiños que comunican as grandes chairas tumulares de Vilacampa e a de Sinás . Alí atopámonos nese cruce un enorme túmulo; hoxendía ainda que bastante rebaixado podemos notar a sua enorme maxestuosidade doutrora. O carón do mesmo existen petróglifos e posiblemente máis cousas ainda non detectadas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario