lunes, 23 de diciembre de 2019

15.- ACCESO OS OITO BLOGS PROPOSTOS.

Finalizamos este primeiro e preliminar blog, onde abordamos as características mais elementais da materia que imos desenrolar.

A continuación vai a relación - sempre en perpetua revisiòn-  dos diferentes oito blogs ( sempre abertos a futuras incorporaciòns),onde desenrolaremos cada tema exposto neste traballo preliminar aplicado con exemplos concretos  a Àrea septentrional da Serra do Xistral; da que iremos abordando de xeito ordeado e meticuloso en cada unha das 49 Zonas propostas ,   cara ir dando a coñecer e obviamente identificando e establecendo  os diagnòsticos que mais se nos acheguen à realidade històrica das diversas Idades que un dia floreceron nestas historicas latitudes.  

Nestas 8 partes propostas, aparte de ir desenrolando o que a continuaciòn se especifica, iremosvos  reflexando decote novos descubrimentos ( cos erros dun profano) que conleven a agrandar, fortalecer e desenrolar o xà exposto en cada ùn deles.

DISTRIBUCIÒN XERAL DO TRABALLO: 
Enlaces listos!! ( pinchade no enunciado!)

1) Serra do Xistral.1  .-  Preliminares



Conxunto arqueolóxico e Etnográfico de  Vilacampa (S1-S7). 
Abordando parte das terras de Vilacampa, para ir achegàndonos a Zarza  pasando polo Cotoxesto, Erbellàs, Trobo, Santo Domingo,  Penido dos Mouros, Madriñan.



 Conxunto arqueolóxico e Etnográfico de Sinás (1, 2 e 3 , das Zonas A e B)
(Abordamos a Necròpolis de Sinàs e as suas zonas de influencia dende Santo Domingo ate Besteburiz).


Conxunto arqueolóxico e Etnográfico dos Penidos (1 - 12)
(Ampliamos e desenrolamos con novas aportaciòns e descubrimentos  os estudos xa realizados nestes derradeiros 20 anos nos Penidos).



 Conxunto arqueolóxico e Etnográfico das Terras Intermedias da Serra do Xistral (13 - 24)
(Tendo como eixos as depresiòns dos Regos da Fraga das Leiras, As Cancelas, As Charcas, etc. Investigamos as terras que forman nexo comùn  con aquelas).



 Conxunto arqueolóxico e Etnográfico das Terras Altas da Serra do Xistral ( 1, 2 e 3 das Zonas C, D, E e F)
(Investigamos as bisbarras inferiores das altas cumes dende o Velina ate as terras de Onsobar)



( Relaciòn das estructuras e achàdegos atopados, e propostos; calificando a veracidade ou non dos mesmos. Listados patrimoniais).



8) Escritorio dos Penidos
 (Lecer.  Reflexando o dia a dia das saìdas de campo coas suas curiosidades , roteiros propostos,  propostas de futuro, etc.)








viernes, 6 de diciembre de 2019

14.- ESQUEMA XERAL ACTUALIZADO DO CAMPO DE TRABALLO PROPOSTO

TERCEIRA  PARTE

Enfilamos esta terceira parte, cecáis a mais complexa, reflexando neste traballo ( que calificamos de blog de estudo aberto) os avances que paulatinamente o longo do tempo vaiamos construindo a partires de novos descubrimentos, teorías, investigacións, propostas, etc. nesta corta zona de traballo que pretendemos levar adiante; a minúscula zona norleste da Serra do Xistral.
Mediante unha actualización constante no tempo, iremos sobremaneira avanzando este traballo , que consideramos non definitivo, sempre a prol de incluir no mesmo novas informacións , rectificacións ( recordade que non somos profesionais senón simples aficionados suxetos e constantes erros ) , propostas e descubrimentos cara o obxetivo final que nos propoñemos demostrar que dará as probas suficintes para , xunto con outras investigacións e resultados do resto da contorna desta Serra agradecida, podermos levar adiante entre todos , e mais temprano que tarde, o agardado PARQUE NACIONAL NATURAL, ARQUEOLÓXICO E ETNOGRÁFICO  DA SERRA DO XISTRAL.

Escomenzando ordeadamente polo norleste identificaremos cada ún destes conxuntos coas suas respectivas zonas, seccións e subseccións: 






Hai tempo colgáramos un primeiro esbozo de  esquema de traballo inicial no noso blog dos Penidos.
Mais hai cousas que co tempo foran evolucionando, na constitución do mesmo , obligándonos a modificalo.
O esquema é exactamente o mesmo igual que a numeración correspondente a cada Zona ; o que difire son alguns títulos das Zonas, que consideréi mais apropiados.
Asi temos que para mellor diferenciar os territorios de SINÁS; englobéinos nos seguintes encabezamentos:
1A .-  A PORTA DE SINÁS  ( antes O Xesto)
2A.-   SINÁS   ( antes A Bidueira)
1B.-   O CAMPO DE SINÁS  ( antes Sinás)

No grupo da Fraga das Lerias/Leiras fixen os seguintes cambiios:
10.- O FORCÓN ( antes Pena do Bico Longo)
13.- AS PENAS DE CARBALLIDO  ( antes Rego das Lerias)
15.- TERRAZA DO BICO LONGO (  antes Fraga das Lerias 2 )
17.- OS PECHES DAS CHARCAS ( antes o Rego das Charcas)

Por ultimo no grupo do Velina Lamoso:
1C.- AS PEDREGOSAS  (antes Velina Lamoso)
3C.- BRAÑA  (antes Pedra Chantada)

Pola sua importancia, engadín a este esquema unha nova balda na sua parte inferior; que pronto incluiréi  e que son :
IF.- PORTO DO RIO-1
2F.- CHAMOSO
3F.- ONSOLAR
21.- PORTO DO RIO . 2
22.- BRAÑÓN/FORCADAS
23.- ALBARDO
24.- BALSA

Asi pois, escomenzando ordeadamente polo norleste identificaremos cada ún destes conxuntos coas suas respectivas zonas, seccións e subseccións:


1. Conxunto Etnográfico de Vilacampa (S1, S2, S3, S4, S5, S6, S7)

2. Conxunto Etnográfico de Sinás ( 1A, 2A, 3A; 1B, 2B, 3B )

2. Conxunto Etnográfico dos Penidos ( I, II, III, IV, V, VI, VII, VIII,IX, X, XI , XII )

4. Conxunto Etnográfico das Terras Intermedias  ( XIII, XIV, XV, XVI, XVII, XVIII, XIX, XX, XXI, XXII, XXIII , XXIV )



5. Conxunto Etnográfico das Terras Altas do XISTRAL ( 1C, 2C, 3C, 1D, 2D, 3D, 1E, 2E, 3E, 1F, 2F, 3F)



...e daquela diseccionaremos  cada Conxunto Etnográfico do diferente xeito:


A) DEFINICIÓN 

B) XENERALIDADES

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía 
B.1.3 Outeiros 

B.1.4..- Chairas.


B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte baixo.
B.2.3. Especies crecemento .-   

B.3.1.- .1.1.AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..
B.3.3 .-Depresións ( fondos en metros) 
B.3.4 .-Ruta e Concas (lonxitudinal, meandros, etc) .- 
B.3.5.- Berces.- 
B.3.6.- Fontes.- 

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc..-
C.1.2.- Camiños principais .- 

D) TOPONIMIA.- S

E) XACIGOS

F) AS SECCIÓNS :

Sección A
1.- Xeografía.
2.- Patrimonio.- .-

Sección B
1.- Xeografía.-
2.- Patrimonio.- .-

Sección C
1.- Xeografía.-
2.- Patrimonio.- .-


Sección D
1.- Xeografía.- 
2.- Patrimonio.- ..

G) OBSERVACIÓNS .- 








13.- TERCEIRA PARTE

Pechando os temas comúns englobados dentro da  primeira  parte;  e da obligada definición e exposición descriptiva da zona a estudar que representa a segunda parte ; pasamos a agardada  especialización concreta, meticulosa e detallada  de estas cinco áreas propostas neste presente traballo que vai representar esta terceira parte
   
                 TERCEIRA PARTE



9.- DEFINICIÓN E DESENROLO DAS ZONAS


1. Conxunto Etnográfico de Vilacampa (S1, S2, S3, S4, S5, S6, S7)

2. Conxunto Etnográfico de Sinás ( 1A, 2A, 3A; 1B, 2B, 3B )

2. Conxunto Etnográfico dos Penidos ( I, II, III, IV, V, VI, VII, VIII,IX, X, XI , XII )

4Conxunto Etnográfico das Terras Intermedias XIII,XIV XV,XVI,XVII,XVIII,XIX,XX,XXI,XXII,XXIII,XXIV 

5. Conxunto Etnográfico das Terras Altas ( 1C, 2C, 3C, 1D, 2D, 3D, 1E, 2E, 3E, IF, 2F, 3F))

12.- DEFINICIÓN E EXPOSICIÓN DESCRIPTIVA DA ZONA A ESTUDAR

Formando parte integrante da Serra do Xistral, esta zona que nos ocupa, a septentrión da Serra do Xistral ;tamén goza de especial atención coas suas propias características naturais xeolóxicas ,destacando catro tipos de hábitats naturais prioritarios e cubricións de formacións vexetais hidromorfas de extraordinario interese botánico deste tipo de serra eminentemente atlántica, a cál constituie unha das zonas colino-montañosa de carácter atlántico hiperhúmedo millor conservada de Galiza.

Esta Área contén unha información histórica moi valiosa, cuns elementos materiais quasi intactos en forma, na cál vai enlazando periodos históricos dun xeito continuado, para amosarmos a través do tempo, os comportamentos dun mesmo centro da actividade humán enclavado nunhas mesmas coordenadas xeográficas a través de sucesivas etapas históricas.

Asi pois, grazas ó seu carácter abeirado entre pequenas elevacións dos Penidos e subseguintes zonas anteriores ( Vilacampa) e posteriores ( bisbarra da Fraga das Lerias) onde non falta a auga;  asistimos a unha actividade humán continua ( tendo en conta o seu eixo central, a chamada “Cultura do Gando”) relacionada directamente coas rutas ancestrais do gando, cos seus asentamentos e conseguinte desenrolo económico , cultural e relixioso, dende os clásicos refuxios do paleolítico ate os reaproveitados curros do medievo, pasando polas propios Cousos do Neolítico Galaico ( 3000 ) , Calcolítico Galaico (2000), Bronce Galaico (1500) xunto a propia redistribución habitacional na mesma idade do Ferro.


12.1 .- SITUACIÓN

Situámonos na área norleste da Serra do Xistral, e que dominando a totalidade do Valadouro (Mariña Lucense), está inscrita dentro das provincias de Ourol, Muras, e Ferreira do Valadouro.


12.2 .- LIMITES

Esta área a estudar que nos propoñemos situarémola na zona norte, norleste da Serra do Xistral , (dos 43 º 33 27,89 N long. ate os 43º 30 10,31 N long. ; e dende os 7º 28 46,34 W ate os 7º 33 58,11W de latitude.), tendo 27,38 kilómetros cadrados de extensión.

Norde.

No seu Norte, limita cos seguintes lugares e referencias xeográficas:
Mouxada, Pé do Rio, Monte das Balsadas, Os Rubás, Vilacampa, o Trobo, Azureira e Ribadela. Fai de fronteira a propia estrada Ferreira-Viveiro

Leste.

Campo da Sabugueira, Casanovas, Pedralba, Moxoeira, Frexulfe, Monte de Ribeira.

Sul.

As Veigas, Albardo, Rego Cavado, A Fraga do Xesto, Porto do Rio, Alto de Onsolar, Pena Corral.

Oeste.

Zarza, Pereiro, Teixueiras, A Gallega, Calexos, Pedra Chantada, Coto de Vilariño, A Pena Grande, Pena Corral.


12.3 .- DEMARCACIÓNS ( os catro vértices do Parque )

  1. Vértice norleste: (Sabugueira)
  1. 43. 33. 23,20 N
  2. 7. 28. 49,77 W
  3. X 622. 729. 92
  4. Y 4.823.733,94

  1. Vértice noroeste (Zarza)
  1. 43.33.33,35 N
  2. 7.33.53,66 W
  3. X 615.906.36
  4. Y 4.823.923.63

  1. Vértice Surleste ( A Ribeira )
  1. 43.30.12,07 N
  2. 7.28.43,90 W
  3. X 622.969.52
  4. Y 4.817.837,69

  1. Vértice Surleste (As Penas Grandes. Alto de Onsolar)
  1. 43.30.16,00 N
  2. 7.33.56,90 W
  3. X 615.938,57
  4. Y 4.817.833,87

12.4 .- MÉTODO

1.- Acotaremos no mapa oficial a escala 1:25.000 a zona a estudar. (1 cm equivale a 250 metros).
Esta zona escollida, a dividiremos –polas suas cuadrículas xeográficas- en 42 partes ás que chamaremos “ZONAS”, que terán cada unha delas 1 kilómetro cuadrado.
2 .- Cada unha destas 42 zonas, a sua vez, ímolas dividir en catro partes cadradas, ás que chamaremos “SECCIÓNS”. Cada Sección terá 500 metros cuadrados.
3 .- Cada sección a dividiremos en 9 partes, ás que chamaremos “SUBSECCIÓNS”. Cada Subsección terá 166 metros cuadrados.

Tendo ese esquema presente, iniciaremos o traballo; indo , Area a Area , diseccionando o territorio comprendido, dende as Zonas ( 1km2) ate as subseccións ( 166 m ), tendo a finalidade de mirar metro a metro o terreno proposto para reflexar neste estudo os achadegos atopados

Así teremos convenientemente deseñada, acotada e sinalizada esta zona do Xistral a traballar, e por tanto, a protexer, en 42 zonas divididas en 168 seccións, e a sua vez en 1372 subseccións.
Para organizarnos no traballo, aparte da división pormenorizada en sección, que relatamos abaixo; cómpre tér en conta para cada sección datos tales como a propia definición xeográfica elemental como montes, chairas, cuncas fluviais, depresións, etc) , asi como as suas matizaciónsconcretas tales como puntos de auga, zonas abeiradas, zonas de acceso, rutas do gando, Cotas outeiros, Chairas, Planta dos cercados, Liñas de marcos e lindes, Súbitos accidentes de terreo, Toponimia, Camiños e Relatorio posibles xacigos.
Creo que para realizar un bó e completo traballo, éste tén que ser metódico e pausado; explorando, comprobando e investigando absolutamente todo " aspirante" , para despóis trasladarlo o listado final, onde ademais dos datos concretos, figura un tanto por cen de vericidade do achádego atopado.


12.5 .- PLANIFICACIÓN



Areas
Letras
NOME
Superficie
Zonas
Seccions     
Subseccións
1
Norde
S1/S7 
   Vilacampa
7 km2
7
28
1008
2
Oriental Noroeste
IA/B   (1, 2, 3 )
Sinás
6 km2
6
24
864
3
Oriental Norleste
1 ó 12
Os Penidos
12 km2
12
48
1728
4
Oriental Surleste
13 ó 20
Terras intermedias
12 km2
12
48
1728
5
Oriental Suroeste
C/D/E/F (1, 2, 3)
Terras altas
12 km2
12
48
1728

TOTAL



AREA SEPTENTRIONAL
49 km2
49
196
7056


12.6.- ACCESOS

Son varios puntos concretos dende onde podremos acceder a zona estudada.

NORTE:

Dende a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 9 km de Ourol no lugar de Xestido coller desviacion a dereita e seguir ate Zarza, onde colleremos desviacion a esquerda, entrando na pista de terra. Teredes que estar atentos, pois a poucos metros colleremos duas desviacións, a primeira a esquerda e a segunda á dereita. Seguiremos rectos durante 3,30 km e chegaremos a Sinás.

Dende a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 15,50 km de Ourol , no lugar do Trobo, no mesmo centro do lugar de Vilacampa atoparemos cun cruce onde colleremos a dereita. Esta pista de terra levarános en primeiras ó Campo da Arca e si seguides, levarávos a grande chaira tumular.

Dende a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 19,80 km de Ourol na área recreativa colleremos unha pista de terra ( a poucos collede a dereita ) que nos levará a zona da Sabugueira para acabar na Área da Santana.

LESTE.-

Dende a estrada de Ferreira a Abadín , a 3 km de Ferreira, no cruce das Naranxeiras colleremos a dereita ate subir o castro de Recaré polo seu Via Crucis, e pasado a Igrexa collemos desviación a esquerda para despois do lugar das Pardellas coller cruce a dereita, que nos levará a área recreativa do Curro da Rapa das Bestas de Santomé, para de seguido enfilar a estradiña de terra que nos levará o corazón dos Penidos.

Pista de subida no Escallal: Poderedes ir de dous xeitos :

1.- Proseguimos pista anterior despois do cruce os Penidos ( despois das Pardellas) , para atopar esta pista de subida a 2,91 km a dereita.
2.- Proseguimos pola Estrada de Ferreira o Cadramón, e pasado 250 m de Frexulfe, a 6, 8 km de Ferreira, no cruce do lugar do Pazo coller a dereita. Continuaredes 1,68 km ate bater con esta mesma pista de subida a esquerda.

Nesta mesma estrada Ferreira-O Cadramón, poderedes continuar , e a 2,50 km desde Frexulfe, no lugar de Freixido atoparedes pista a dereita que seguiredes ate bater con esta pista reseñada anteriormente.


SUL  :

Dende a estrada de Ferreira a Abadín no km 12, antes de entrar no lugar do Cadramón colleremos pista cara o lugar de Albardo que pasaremos e seguiremos a liña eólica ate achegarnos as chairas tumulares dos Xestos e terras baixas da Serra do Xistral.

Dende a estrada de Ferreira a Abadin, a 2, 17 km despois de pasado o lugar do Cadramón e enfronte da Capela de Santa Filomena colleremos a dereita unha pista que nos levará as terras altas da Serra do Xistral.

LESTE.-

No lugar de Silán, entre os lugares de Igrexa, O Candeal e o de Castrosol tén o seu berce unha pista que nos levará o Parque Eolico da Pena Grande. Seguindo pola pista principal levaranos o Alto de Onsolar; unha das cumes da Serra do Xistral.