![]() |
Axexadoiro |
( Non todo é o que parece, mais nada pode ser desprezado)
O longo da miña vida, fun madurando nas miñas apreciacións , calificacións e interpretación dos xacigos que fora explorando en lugares moi diversos do noso noroeste.
Sabendo escoitar a mensaxe que che dá o poñer en pràctica unha serie de normas que tí mesmo foras descubrindo, fánche emitir a posterioridade o obligado diagnóstico, fuxindo así dos posibles erros que poder surdir o vivir froito da pasión do momento.
A continuación enumero unha serie de normas que teño sempre en conta. Non están todas, mais xulgo que estas son as máis sobranceiras :
Unha vez descuberto determinado xacigo, teremos que valorar :
PRIMEIRA NORMA.- O lugar xeográfico no que se atopa o xacigo, xunto con as suas curvas de nivel, xeoloxia, estado do terreo, zonas abeiradas, etc. Sempre posiblitado pola fotografía aérea.
FINALIDADE.- Esto axuda a interpretar moi ben o sentido, finalidade, orientación e referencias do xacigo e por suposto, o seu conxunto; obviamente axudado pola sua contorna inmediata.
SEGUNDA NORMA.- Depresións ou cauces fluviais existentes ou non.
FINALIDADE.- Moitas veces actúan de referencias, protección ou fronteiras, cando non fonte de vida .
TERCEIRA NORMA.- Camiños con suas clases, que ou ben, pasan por él ou ben teñen no xacigo o seu berce ou final.
FINALIDADE.- Obviamente clarifica moito saber o itinerario, clase e destiño do mesmo para elaborar un mapa etnográfico que axude a elaborar mencionado dictamen a tér en conta para definir a importancia, finalidade e conexións do xacigo descuberto.
CUARTA NORMA.- Grupos ou complexos pétreos na contorna inmediata.
FINALIDADE.- Moitas estructuras fixéronse tomando obligatoriamente referencia deses complexos.
QUINTA NORMA.- Outras estructuras mixturadas o carón ou dentro da contorna do propio xacigo.
FINALIDADE.- A reutilización dos espazos e as suas estructuras en épocas posteriores foron sempre unha constante, dende o paleolítico ate os nosos días.
En suma, cara xente; a bisbarra inmediata moitas veces pode darnos a resposta mais axeitada a finalidade do xacigo descuberto, pois parto da `premisa de que ningunha estructura arqueolóxica fica soa ou perdida, senón que pertenece a un conxunto moi concreto que axudarános a definir e valorar o xacigo descuberto.
Supóñovos xá afeitos a estas normas persoais, mais non está de máis recordárvolas.
Sempre axuda....
Moita sorte e acerto !!!
Supóñovos xá afeitos a estas normas persoais, mais non está de máis recordárvolas.
Sempre axuda....
Moita sorte e acerto !!!
![]() |
Necrópolis das Parañoas |
No hay comentarios:
Publicar un comentario