viernes, 6 de diciembre de 2019

3. O HÁBITAT PRIMARIO DA SERRA DO XISTRAL ( Red Natura 2000)

FONTES :-Red Natura 2000 . Directiva 92/43/CEE6

3.1.- DESCRIPCIÓN
A eminentemente atlántica Serra do Xistral, ( ecosistema de alto valor biolóxico) sitúase o norde da provincia de Lugo no límite coa provincia de A Coruña, con elevacións entre os 400 e 1000 m. Sobre o nivel do mar, na sua maioría, suaves nas suas cumes mis con vales profundos. A partires de certos niveis os montes están cubertos de formacións vexetais hidromorfas de extraordinario interese botánico. No seu conxunto constituie unha das zonas colino-montañosas de carácter atlántico hiperhúmedo millor conservada de Galiza.

3.2.- LOCALIZACIÓN
Superficie: 6.779 ha.
Lonxitude: -7:34:15
Altitude: 43.28.09
Altitude máxima: 1.040 m.
Altitude mínima: 480 m.

3.3 .- TÉRMINOS MUNICIPAIS
Exténde-se polos concellos lucenses de Abadín, Alfoz, Muras, Ourol, O Valadouro.

3.4 .- INFORMACIÓN CARTOGRÁFICA
Atópase localizado nas follas 8, 23 e 24 correspondentes a As Pontes , Viveiro e Mondoñedo, do mapa a escala 1:50.000 do I.G.N.

3.5.- CLIMATOLOXÍA
Cunha altitude media que se aproxima os 1000 metros, o Xistral é o sistema montañoso máis septentrional de Galiza, e a sua ubicación , próxima o Cantábrico, convérte os seus cumes nunha barreira natural fronte ás masas de ár provintes da costa e favorece a existencia dunha grande humidade como consecuencia da elevada pluviosidade e da frecuente aparición de brétemas.
A pluviosidade anual media por enriba dos 1.700 mm anuais, ascendendo a máis de 2.000 – 2.500 mm. Nas cumes. Atemperatura media anual é de 10-11 ºC., con 224 días libres de xeladas. Oclima é atlántico europeo moi húmedo o marítimo fresco.

3.6 .- BOTÁNICA
A serra do Xistral está incluida na Rede Natura 2000 , unha rede ecolóxica europea que pretende vixiar o estado de conservación dos hábitats naturais e das especies para garantir que as futuras xeracións poidan disfrutar do seu beneficio.

A sua peculiar orografía, caracterízase pola presencia de abundantes cuencas pechadas nas que se acumula a auga, e acabando de conformar unha paisaxe de montaña na que co tempo, conformáronse as turbeiras de cobertor máis importantes da Peninsula Ibérica.

As turbeiras de cobertor, declaradas hábitats naturais prioritarios pola UE, son humedais emplazados nas cumes e reteñen de forma permanente un elevado contido de auga no subsuelo. No continente europeo este tipo de turbeiras só están presentes en algunhas zonas de Noruega, Irlanda, Escocia, Gales, Islandia e Galicia.

No Xistral tamén aparecen as turberas de alveolo , formadas en terreos graníticos, e as turbeiras do fondo do val, ligadas ós lugares onde teñen o seu berce os rios Landro, Ouro e Pedrido.

Por tanto teremos que tér en conta que as construcións de aeroxeneradores e o acondicionamento de pistas de acceso ós parques eólicos son a principal ameaza para o ecosistema.

As características do chan –o terreo é pobre en materia orgánica- e as condicións climáticas –a zona caracterízase por unha grande pluviosidade- dificultan o crecemento vexetal e fan que as especies máis abundantes sexan plantas arbustivas e brezais.

Nas turberiras de cobertor aparece a Eriophorum angustifolium , unha especie singular na serra lucense. Outras plantas característricas da serra son o Narciso (Narcisus triaandrus), e o esfagno (Sphagnum pylaissi). Tamén existe, aunque en menor medida, bosque de árboles autóctonos como o carballo e o abedul.

Tipos de hábitats presentes e valoración:

CódigoDenominación% Cobertura
4020
Brezales húmedos atlánticos meridionais de Erica cillaris y Erica tetralix
50
7130Turbeiras de cobertura (turbeiras activas soamente)28
4030Brezais secos (tódolos subtipos)7
6230
Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies sobre sustratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas de Europa continental)
1
3110
Augas oligotróficas con un contido de minerais moi baixo das chairas areosas atlánticas, con vexetación anfibia de Lobelia,Littorelia e Isoetes
1
7150
Depresións sobre sustratos turbosos (Rhynchosporion)
1
9380
Boscos de Ilex aquifolium
1
3150
Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion o Hydrocharition
1
3160Lagos distróficos1


O 86 % da superficie do espazo está ocupada por hábitats naturais que figuran no anexo I da Directiva 92/43/CEE

Entre o conxunto de hábitats naturais presentes, 4 tipos de hábitat presentan un VALOR GLOBAL A, e son os seguintes : 4020, 4030, 6230, 7130.

Entre o tipos de hábitat presentes, catro están catalogados como hábitats naturais prioritarios.


3.7 .- FAUNA
Asemade destas plantas arbustivas de grande valor biolóxico, na serra aparecen tamén especies animais endémicas como as mariposas Erebia triaria pargapondalense e a Erebia epiphon xistralensis. Outras especies de grande interese son as poblacións de lagartixa das brañas( Lacerta vivípara) e o lagarto das silvas (lacerta schreiberi), que apenas tén presencia no resto da comunidade galega.
Na serra tamén é o hábita no que viven aves rapaces como o ratonero e o cernícalo. Lobos, raposos, xabaríns e unha importante cabana de cabalos en estado semisalvaxe acaban de constituir un escenario natural de grande riqueza biolóxica.

Especies:

Aves que figuran no Anexo I da Directiva 79/409/CEE

Asio flammeus - Caprimulgus europaeus – Circus cyaneus – Circus pygargus – Lullula arborera - Sylvia undata – Pyrrhocorax pyrrhocorax.

Aves migradoras que non figuran no Anexo I da Directiva 79/409/CEE


Accipiter gentilis – Accipiter nisus – Anthus spinoletta – Anthus trivialis – Athene noctua – Coturnix coturnix – Falco subbuteo – Gallinago gallinago – Lanius excubitor – Otus scops – Streptopelia turtur.


Mamíferos que figuran no Anexo II da Directiva 92/43/CEE
Galemys pyrenaicus – Lutra lutra – Myotis myotis - Rhinolophus ferrum - equinum – Miniopterus schreibersi



Anfibios e reptís que figuran no Anexo II da Directiva 92/43/CEE
Chioglossa lusitanica – Lacerta monticola – Lacerta schreiberi



Plantas que figuran no Anexo II da Directiva 92/43/CEE
Sphagnum pylasii – Woodwardia radicans



Peces que figuran no Anexo II da Directiva 92/43/CEE
Ningún



Invertebrados que figuran no Anexo II da Directiva 92/43/CEE
Geomalacus maculosus – Elona quimperiana – Lucanus cervus – Euphydrias aurinia – Coenagrion mercuriale



Outras especies importantes
Anfibios e reptís : Triturus helveticus – Rana iberica – Rana temporaria – Discoglossus galganoi – Lacerta vivípara – Podarcis bocagei – Vipera seoanei.
Mamíferos Martes martes – Mustela erminea – Canis Lupus – Pipistrellus pipistrellus – Plecotus auritus .

3.8 .- FIGURA DE PROTECCIÓN DO LUGAR E RELACIÓN CON CORINE BIOTOPOS
-Biotopo CORINE nº B 00100036
-Reserva Biogenética

3.9.- ACTIVIDADES E IMPACTOS DENTRO E NA BISBARRA DO LUGAR
Dentro : Plantacións forestais, gandeiría, queima, caza, extracción manual de bloques de turba, sendas, pistas, erosión. Ubicacións de aeroxeneradores eólicos con as suas conseguintes pistas auxiliares de acceso.
Entorno .- Plantacións forestais, queima, actividade mineira i estractiva, urbanización discontínua, sendas, pistas. Ubicacións de aeroxeneradores eólicos con as suas conseguintes pistas auxiliares de acceso.

3.10.- XEOLOXIA
Os materiais xistosos conforman os sectores occidentáis e centromeridionais da Serra do Xistral. A diferenciación litolóxica vai condicionar en boa maneira o aspecto dese mazizo septentrional galego. O modelado xistoso diferénciase con claridade do que se elaboróu sobre ganitos ou granodioritas e ouro tanto ocurre cos sectores desenrolados sobre calizas, con frecuentes abrigos e formas moito máis ruiniformes que nos outros materiais.
Esta diferencia litolóxica víuse acentuada por outros factores: por unha banda, pola presencia de basculamentos de algúns blocos –cara o Sureste?- o que explicaría a existencia de mayores altitudes polo sector sudoeste; por outra, a acción fluvial tivo, un papel fundamental na degradación do terreo, e a acción periglaciar tivo un grande papel no modelado. A fragmentación dos materiais coa alternancia de xelo-desxelo, puso en movimento grandes cantidades de derrubios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario