lunes, 23 de diciembre de 2019

15.- ACCESO OS OITO BLOGS PROPOSTOS.

Finalizamos este primeiro e preliminar blog, onde abordamos as características mais elementais da materia que imos desenrolar.

A continuación vai a relación - sempre en perpetua revisiòn-  dos diferentes oito blogs ( sempre abertos a futuras incorporaciòns),onde desenrolaremos cada tema exposto neste traballo preliminar aplicado con exemplos concretos  a Àrea septentrional da Serra do Xistral; da que iremos abordando de xeito ordeado e meticuloso en cada unha das 49 Zonas propostas ,   cara ir dando a coñecer e obviamente identificando e establecendo  os diagnòsticos que mais se nos acheguen à realidade històrica das diversas Idades que un dia floreceron nestas historicas latitudes.  

Nestas 8 partes propostas, aparte de ir desenrolando o que a continuaciòn se especifica, iremosvos  reflexando decote novos descubrimentos ( cos erros dun profano) que conleven a agrandar, fortalecer e desenrolar o xà exposto en cada ùn deles.

DISTRIBUCIÒN XERAL DO TRABALLO: 
Enlaces listos!! ( pinchade no enunciado!)

1) Serra do Xistral.1  .-  Preliminares



Conxunto arqueolóxico e Etnográfico de  Vilacampa (S1-S7). 
Abordando parte das terras de Vilacampa, para ir achegàndonos a Zarza  pasando polo Cotoxesto, Erbellàs, Trobo, Santo Domingo,  Penido dos Mouros, Madriñan.



 Conxunto arqueolóxico e Etnográfico de Sinás (1, 2 e 3 , das Zonas A e B)
(Abordamos a Necròpolis de Sinàs e as suas zonas de influencia dende Santo Domingo ate Besteburiz).


Conxunto arqueolóxico e Etnográfico dos Penidos (1 - 12)
(Ampliamos e desenrolamos con novas aportaciòns e descubrimentos  os estudos xa realizados nestes derradeiros 20 anos nos Penidos).



 Conxunto arqueolóxico e Etnográfico das Terras Intermedias da Serra do Xistral (13 - 24)
(Tendo como eixos as depresiòns dos Regos da Fraga das Leiras, As Cancelas, As Charcas, etc. Investigamos as terras que forman nexo comùn  con aquelas).



 Conxunto arqueolóxico e Etnográfico das Terras Altas da Serra do Xistral ( 1, 2 e 3 das Zonas C, D, E e F)
(Investigamos as bisbarras inferiores das altas cumes dende o Velina ate as terras de Onsobar)



( Relaciòn das estructuras e achàdegos atopados, e propostos; calificando a veracidade ou non dos mesmos. Listados patrimoniais).



8) Escritorio dos Penidos
 (Lecer.  Reflexando o dia a dia das saìdas de campo coas suas curiosidades , roteiros propostos,  propostas de futuro, etc.)








No hay comentarios:

Publicar un comentario