A XEITO DE PRESENTACIÓN
Non son nin historiador nin arqueólogo nin me creo na posesión da verdade absoluta neste tema, senón un simples aficionado con os seus valeiros; sempre asumindo os erros que vai contér este traballo, mais creédeme que tanto o realizado como o que farei no futuro, o fago con enormes ganas de traballar a prol do noso país, ainda que moi entristecido pola desidia e desprecio que fixeran, ( e temo farán) as chamadas "autoridades" non xá deste traballo, senón do que representa na realidade o "mundo do Xistral".
Por tanto, nestas exposicións que ilustrarán este traballo ollaredes erros asi como inexactitudes dun profano. De todo elo pido anticipadamente desculpas.
Sempre quixen reflexar na web a riqueza tanto arqueolóxica como etnográfica duns paraxes que fican na vertente oriental cara o Valadouro da enigmática Serra do Xistral. tal como a coñecera hai mais de 15 anos dos que levo ilusionado destes sacros eidos dos Penidos, onde mistúranse épocas concretas de labor do ser humán, levando a cabo unha sucesión temporalmente encadeada que dende o Neolítico ( sen desbotar os abundantes restos dos abrigos do Paleolítico existentes) ate ben entrado o Medievo, fainos adentrar no fondo histórico dunha época remota non moi estudada e que nos levará o periodo final dos recintos fortificados do Val, onde florecera a Idade de Ouro na Época das Trebas, xá na Idade do Ferro, despóis da sua propia evolución temporal , provinte das altas terras do Xistral e , como deciamos o principio, tivera o seu berce na época Neolítica, cando o ser humán adoptara o sedentarismo e centrárase na agricultura e gandeiría como método económico de subsistencia, e que nós definimos como a “Cultura do Gando”, todo elo sen obviar o berce de todo, a primeira etapa do home nestes lares; atestiguando con todo o convencemento que precisamente fora nesta Serra do Xistral ún dos poderosos berces do Paleolítico na Península Ibérica.
Asi pois, partindo do Paleolítico faremos un percorrido a través da historia ate a etapa máis temperá do Medievo sen tér que alonxarse moito da superficie estudada na que se conxugan dende asentamentos antergos, atalaias de vixiancia, e toda caste de construccións humáns de diferentes epocas na que resaltan o sinnúmero de peches ovalados; ( contamos ate nove no curto abeiro dos Penidos) os sinxelos Curros ou os mais avanzados e coidados, que definimos como as granxas do neolítico , nomeándoos provisoriamente o nome propio de Cousos.
Por último, coméntovos que decídome saltar á palestra polo enorme agarimo que sinto por estas latitudes e por moitas outras e visiblemente molesto pola actitude despreciativa e destructiva das institucións locais, provinciais ou da Xunta cara estes eidos históricos, por non dicer dos propios arqueólogos, que fuxindo de complicacións, minimalizan estes sacros eidos históricos sen máis, ( adoptando unha postura social actual de falar sen coñecemento)que para mín moi importantes e sen dúbida básicos para podermos entender a nosa vida nun periodo escuro e pouco comentado que vai dende o periodo Neolítico ate ben entrada a Alta Idade Media, pasando pola nosa propia idade do Ferro.
É por tanto a miña intención de darvos a coñecer todas estas paraxes ,( acompañados da exposición da miña forma de entendelos, con meus erros e acertos) como método preventivo por si algún dia todos estos tesouros chegan a desaparecer.
Decídome en primeiro lugar crear unha serie de BLOGS onde especificaréi Zonas moi concretas da Área Septentrional da Serra do Xistral:
1) SERRA DO XISTRAL 1. PRELIMINARES
2) SERRA DO XISTRAL 2. CONXUNTO ARQUEOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DE VILACAMPA
3) SERRA DO XISTRAL 3. CONXUNTO ARQUEOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DE SINÁSDecídome en primeiro lugar crear unha serie de BLOGS onde especificaréi Zonas moi concretas da Área Septentrional da Serra do Xistral:
1) SERRA DO XISTRAL 1. PRELIMINARES
2) SERRA DO XISTRAL 2. CONXUNTO ARQUEOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DE VILACAMPA
4) SERRA DO XISTRAL 4. CONXUNTO ARQUEOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DOS PENIDOS
5 SERRA DO XISTRAL 5. CONXUNTO ARQUEOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DAS TERRAS INTERMEDIAS DO XISTRAL.
6) SERRA DO XISTRAL 6. CONXUNTO ARQUEOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DAS TERRAS ALTAS DO XISTRAL.
7) SERRA DO XISTRAL 7. PARQUE ARQUEOLÓXICO , ETNOGRÁFICO E NATURAL DA SERRA DO XISTRAL
E xá para rematar, temo que a Lei do Patrimonio actual sexa o libelo que acabe con lugares como este, codiciados por intereses privados e amparados por un falso desenrolo para enriquecer a uns cuantos intrereses empresariais en perxuizo dos nosos bens patrimoniais, e da nosa propia historia; polo que seguiréi asumindo a defensa do noso intrínseco legado polo cál seguiréi berrando cara un chamamento a crear , blindar fortalecer unha auténtica FRONTE NACIONAL EN DEFENSA DO PATRIMONIO GALEGO.
Porque se nós non nos ocupamos de protexe-lo noso patrimonio; naide, absolutamente ninguén, o vai facer.
Manolo Camba Gayoso
( A Serra do Xistral: unha realidade histórica a tér en conta)
![]() |
A " Pena que Fala " e a sua contorna |
Estamos ante unha longa e apaixonada lección da historia que se vai desenrolando principalmente dende o neolítico ate o medioevo, nuns conxuntos de espazos de alta e media montaña do noroeste peninsular- a nosa querida Serra do Xistral- onde recóllense os comportamentos culturais e sociais do home ó longo da sua historia e nomeadamente dende os primeiros tempos do Neolítico; todo elo fronte a unha economía de subsistencia propiciada dende os seus primeiros asentamentos fixos, despois dun longo periódo nómada.
A realidade da Serra do Xistral nas suas áreas a describir e o tesouro que encerran, está ahí; e non podemos permitirnos o luxo de tér esa gran fonte de información histórica apartada das nosas vidas, igual que a relaxación na que ben poidamos caer no seu tratamento.
Asentamentos antigos, Mámoas, Granxas Neolíticas (Cousos) , Antas, Pedrafitas, Curros, Cabanas... todo este sorprendente mobiliario non se podería entender sin o nexo de unión que simboliza a propia cultura do gando.
Cunha visión máis amplia do que fora a vida nos nosos eidos atlánticos fai 5.000 anos, concentrada nestas paraxes seminalterábeis para a natureza, onde a gandeiría de hoxe convive con os restos das economías pasadas, poderemos asumir a necesidade da potenciación oficial desta Serra xunto as suas posiblidades, cara a creación e potenciación dun Parque oficial no seu grado máximo.
A protección que desexamos para este entorno; mesmo a futura concepción desta zona como un Parque Temático Etnográfico, Arqueolóxico e Natural ; tén que pasar pola restauración , incremento e potenciación do seu elemento principal: o gando, ben co roce, limpeza e mantemento de novos , actuais ou antergos prados como o tratamento e protección do chan, para asi poñer en valor esta antiga economía que hoxe estáse a perder polo abandono e a asunción de novos comportamentos sociais que fan renunciar ó estudo de toda unha cultura que antaño fora decisiva para o desenvolvemento do territorio.
Mais clarificando a nosa oposición a crear pistas novas que alteren as disposicións naturais que perviviron dende sempre ou a eliminación sistemática da paisaxe (camiños vellos, mámoas, etc.), a continuación ds canteiras, ubicación de novas estructuras productivas alleas a agricultura, etc., e por suposto, a sustracción de pedras vellas, entre outras moitas aberracións pensadas para “sacarlle rentabilidade” sen respetar nin o entorno nin o seu preciado patrimonio.
Este traballo servirá para que nós poidamos situarnos se prexuizos no pasado histórico que nos axude a estudar e buscar a identificación e posterior comprensión cos achádegos alí existentes, comparando o que sabemos coa realidade histórica da Serra do Xistral.
Este contacto inicial, que calificamos asemade de importantísimo, de básico para podermos entender o comportamento social e mesmo económico dos nosos devanceiros nunha das etapas primarias máis básicas , vánnos dar as fontes de información necesarias para o debate que se tén que dár na nosa sociedade tendo o gando como referencia.
Analizando tódalas propostas que teñen como finalidade a protección desta curta pero extensa área arqueolóxica , buscamos o respeto e asunción sen prexuizos por parte dos habitantes da sua bisbarra inmediata, para que a sua involucración sexa decisiva e definitiva cara a posta en valor deste enorme tesouro que temos na terra; a Serra do Xistral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario